E agora chega o "Sony Ericsson Championships 2006". Esto ven sendo un torneo co que se da por rematada a tempada do circuito feminino, un fin de festa que reúne as mellores tenistas do Planeta.Chega estreando a súa nova denominación, e tamén unha innovadora campaña publicitaria, iso sí, non me preguntedes de que van estas novidades porque non teño ni idea.
En recoñecemento ó papel de Sony Ericsson como patrocinador principal do Atp Tour, o torneo pásase a chamar "Sony Ericsson Championships 2006" cun novo logo que foi presentado ó longo deste ano; xa se sabe, que pon os cartos é o que manda. Espéranse innovacións na televisión e no uso da tecnoloxía móbil, deseñada para que os afeccionados poidan estar máis preto que nunca das 8 primeiras xogadoras de individuais e dos 4 primeiros equipos de dobres do mundo.
"Iguales" (que en tenis tamén se expresa Deuce ó 40-40) é o lema da campaña de publicidade, deseñada para aumentar a concienciación de igualdade entre homes e mulleres. A través da campaña, o campionato servirá de vehículo para esta declaración.
Polo visto, será retransmitido a millóns de telespectadores en seis continentes (¿seis?, ¿os pingüinos da Antártida tamén?, jejje.. creo que as miñas fontes de noticias trabucáronse un pouco) e a máis de 70 países, incluíndo TVE que emitirá para España todos os partidos, e Eurosport, que alcanzará máis de 54 países.
A gañadora de individuais recibirá un luxoso Porsche para ser doado a unha organización sen ánimo de lucro e un millón de dólares en metálico, igualando así o premio máis grande entregado a unha gañadora na historia do deporte feminino. Polo menos llo dan se gaña, non coma outros deportes que cobran moito máis fagan o que fagan.
Etiquetas: Tenis

« back home