23 octubre 2006
FIN DE SEMANA DEPORTIVO
LIGA
A Liga, cobra interés a cada xornada, como casi sempre ocorre. Do primeiro equipo (FC Barcelona) ata o oitavo (Xetafe), hai unha escasa diferenza de 3 puntos. Lideran a Liga empatados a puntos, o BarÇa e o Valencia.
Por abaixo, 6 equipos andan en tres puntos de diferenza, sen contar á Real Sociedad que segue en "caída libre" e afúndese cada vez máis na clasificación. Mal inicio para os vascos, xa que o Athletic, moito máis lonxe non está.
O Dépor, a pesar das críticas dende Madrid por mal xogo e por "moita sorte", venceu ó Atlético; interesantes opinións dende Madrid despois dunha xornada anterior na que o Atlético gañou cun gol ca man de Agüero. Que eu saiba, o mellor é aquel que consigue marcar e levarse a victoria, ou polo menos iso é o que se di cando son os madrileños os que gañan.
O Celta parece recuperarse, pasiño a pasiño, pero iso é o que parece. Irureta segue con problemas no Betis e o Recre e o Xetafe siguen instalados ma metade superior da táboa clasificatoria.
Do Real Madrid - FC Barcelona non sabería dicir moito, posto que non o vin, pero sí me chama a atención que fai tan só unha semana, as críticas ó Real Madrid eran impresionantes, agora en cambio, son un super-equipo. Cousas da prensa madrileña e o seu forofismo. Como era de esperar, o Madrid funciona ó ritmo de Capello, que a pesar das críticas por que xoga mal, el se mantén no seu estilo (refrendado por multitude de éxitos). Un estilo baseado na defensa, para el, que non lle metan gol xa é un logro, e ahí está, o equipo menos goleado da Liga e facendo frente ó estilo totalmente oposto do FC Barcelona, o fútbol espectáculo e bonito.

FORMULA 1
Non che sei moito deste deporte pero algo haberá que falar, ou polo menos, iso pasa con toda a prensa nacional. Alonso é de novo campión do mundo... ¿acaso alguén non o sabía? Creo que esta é a noticia máis inútil que podo poñer aquí... non aportará nin novidade nin opinión que axude a alguén.
Pero aínda sen saber si me quedo cun dato... despois de pinchar Schumacher, apareceu no último posto, recordo que Massa o tiña a tiro para dobrar... e logo, unhas cantas voltas e xa estaba noveno... e resulta que rematou a carrera no cuarto posto... impresionante, por algo debe ser que ten ese historial...

MASTERS SERIES DE MADRID
¡¡É impresionante!! Eu creo que a próxima vez deberían darlle o torneo xa sin xogar e así non haberá ocasión de humillar a canto rival se lle pon enfronte. Roger Federer demostrou por que é o mellor tenista do mundo proclamándose vencedor do Masters Series de Madrid cunha superioridad insultante sobre os seus rivais. Non da tregua, el xoga e os demais fan o que poden, é unha delicia velo xogar, puntos imposibles, golpes gañadores como e cando quere... en fin, Nadal é moi bó, pero Federer é un monstruo.

Etiquetas:

 
posted by Guille at 09:08 | Permalink |


0 Comments: