17 octubre 2006
MASTERS SERIES DE MADRID

E daquela comezou o Masters Series de Madrid.
¿Alguén que non sexa seguidor do tenis coñece os participantes do torneo (exceptuamos os "cracks")? ¿Alguén que non sexa seguidor sabe exactamente o que é un Master Series? Que eu saiba, hai catro o longo do ano, no 2007 queren que o de Madrid se dispute antes do Roland Garros, sendo o único de Europa, habendo dous en EEUU e un en Asia.
Este descoñecemento pasa porque levamos xa tempo escoitando novas e máis novas do Master Series de Madrid, que en realidade importan máis ben pouco, deportivamente falando... que si o Cola-Cao de Nadal, que si agora chámase "Mutua Madrileña" Masters Series, que si Nadal e Federer lévanse que da gusto velos, que Moyá xoga un partidiño con Agüero, que si as recollepelotas o fan moi ben e que non deberían estar, que si nestes días instalouse en Madrid un espectacular restaurante-bar-cafetería de luxo, no que en cada rincón hai unha decoración diferente con camareras vestidas según o costume de cada país a onde vai o máis "chic" de Madrid, etc etc...
E despois de todo isto, de súpeto, chega o deporte... ¿resultado? Moyá cae en 1ª Ronda (por certo, de milagre acaba o ano dentro do top 50 da Atp, de non ser así, posiblemente se vira obrigado a retirarse) e logo vai o dobre de Nadal e Feliciano e caen en 1ª Ronda tamén, vale, caeron cos mellores... pero caeron!!!
Se tanta distracción non pode ser boa.

PD: Algo novo que aprendín hoxe. Resulta que os españois (Nadal e Feliciano) gañaron o primeiro set e perderon o segundo. Entón, o encontro resolveuse co novo sistema coñecido como "súper desempate", que serve para acurtar os encontros de dobres en lugar de disputar un terceiro set. Gaña o primeiro que chegue a dez puntos, con dous de diferenza. Nadal e López salvaron dous puntos de partido. Pero non puideron co terceiro (11-9) e dixeron adeus.

Etiquetas:

 
posted by Guille at 20:38 | Permalink |


2 Comments:


At 19 octubre, 2006 20:19, Blogger Guille

Este blog ha sido eliminado por un administrador de blog.

 

At 19 octubre, 2006 20:20, Blogger Guille

Jajjaajja... acabo de oír en la TV las disculpas que han puesto algunos de los grandes tenistas que ya han caído en el Masters Series de Madrid..
Resulta que les afecta al juego la altitud de Madrid... menos mal que no juegan en Ciudad de México (más de 2.000 m sobre el nivel del mar) o en Quito (casi 3.000).