A presión do partido recaerá sobre todo no colexiado Pérez Burrull, tendo en conta ademais as fortes críticas ó estamento arbitral dos últimos días.
A tempada pasada, no estadio Santiago Bernabéu, o Barça deu unha lección ó Real Madrid, gañando por 3-0 con dous goles excepcionais de Ronaldinho. Unha parte do público ergueuse para aplaudir ó brasileiro, algo que non se viu facer a un xogador azulgrana desde Diego Maradona.
FORMULA 1
O Gran Premio de Brasil, onde o domingo consagrarase un novo campión do mundo, poñerá punto final á tempada 2006 i en xogo estarán os títulos de pilotos e constructores. Con dez puntos de vantaxe sobre o piloto alemán, Fernando Alonso (Renault) pode abordar con relativa serenidade a última proba do calendario 2006. Un punto, ou sexa o equivalente a unha oitava praza, permitiralle conservar a súa coroa e converterse aos 25 anos, dous meses e 23 días, no bicampeón máis novo da F1, logo de consagrarse en 2005 como o monarca máis novo, tamén no circuíto de Interlagos.
Será o fin de tempada e a última carreira en F1 para Schumacher, o GP de Brasil será igualmente a proba de despedida para Michelin, o adeus de Alonso a Renault e o de Kimi Räikkönen a Mclaren-Mercedes.
TENIS, MASTERS SERIES - Actualizado Sábado 21.
Federer arrasa en "semis" e xa está na Final, onde se medirá a Fernando González. Rafa Nadal caeu ante Berdych en cuartos. Salvo sorpresa, Federer vencerá o Masters Series de Madrid.
O comportamento de Berdych o outro día logo de vencer a Nadal foi quizás, o peor do torneo, unha actitude lamentable, despreciando ó rival e o que é máis intolerable, despreciando i enfrentádose ó público presente. Nadal, en declaracións pouco afortunadas, calificouno de estúpido.
Etiquetas: Polideportivo


Un Real MAdrid confiado nome preocupa.
Un Barcelona como el del último partido, sí.