23 octubre 2006
CRITERIUM INTERNACIONAL DE VALENCIA
O campión do mundo de ciclismo, Paolo Bettini, proclamouse vencedor, ó conseguir os mellores tempos nas carreiras de eliminación e puntuación, do XVII Criterium Internacional de Ciclismo da Comunidade Valenciana-Gran Premio CAM. O galego Oscar Pereiro manifestou a súa intención de volver participar neste evento xa que todo o mundo fala do Criterium de Valencia a nivel internacional, sendo o que mellor organizado está e o que posúe maior orzamento. Aínda que non estivo alí outros anos, a intención do galego é de volver en vindeiras edicións.

Bettini mediu as súas forzas contra algúns dos ciclistas máis recoñecidos do panorama actual como o virtual ganador do Tour 2006, Oscar Pereiro, Giovanni Lombardi ou David Etxebarria entre outros 21 profesionais máis.

Un dos momentos máis curiosos da xornada protagonizouno Oscar Pereiro, ó correr contra un dromedario. O galego, emocionado ó finalizar este curioso duelo, acabou montando no animal e ofrecendo un dos momentos máis divertidos do día.

Etiquetas:

 
posted by Guille at 15:15 | Permalink |


0 Comments: