24 octubre 2006
CAMPEONATO DE ESPAÑA, COPA DE SS.MM. EL REY
É incrible o que cambiou este torneo, cando era un rapaciño e aínda estaba descubrindo o fútbol (xogaban daquela Hugo Sánchez, Schuster, Polster, "El Buitre" e o Dépor era un máis da 2ª División), a Copa era un obxectivo prioritario para todo equipo, grande ou non, sendo para os pequenos a única opción de ter notoriedade nunhas ligas insultantemente dominadas polo R.Madrid e despois, o Barcelona.

Os tempos cambiaron, os que mandan no fútbol decidiron ó final dos 90 retirarlle esa importancia á Copa, quitándolle un goloso premio europeo e relegando os campións a xogar a Copa da UEFA (torneo que tamén me gusta moitísimo), isto quere dicir que ten máis mérito quedar cuarto na Liga que ser Campión da Copa. Sigo sen estar de acordo i espero que algún día se cambie isto.

Tamén hai que dicir que a Federación tratou moi mal a este torneo nos últimos anos, non se pode ser máis chapuceiro que o señor Villar neste asunto. En fin, que hoxe comeza a Copa para os equipos de primeira.

PARTIDOS DE IDA DOS DEZASEISAVOS DE FINA DA COPA DO REI DE FÚTBOL:

- Martes 24 de Outubro:
Alavés - Celta 20.45
Atlético Madrid - Levante 21.00

- Mércores 25 de Outubro:
Ecija - Real Madrid 20.00
Peña Sport - Osasuna 20.30
Portuense - Valencia 19.00
Badalona - Barcelona 22.00
Segoviana - Sevilla 20.30
Rayo Vallecano - Espanyol 20.45
Castellón - Villarreal 21.30
Xerez - Getafe 21.00
Málaga - Real Sociedad 21.00
Hércules - Zaragoza 21.00
Valladolid - Gimnástic 20.45
Deportivo - Rácing 20.45
Recreativo - Betis 21.30
Athletic - Mallorca 22.00.

Etiquetas:

 
posted by Guille at 08:28 | Permalink |


0 Comments: