26 octubre 2006
TOUR DE ¿FRANCIA? 2007
A edición 2007 do Tour de Francia, que sairá por primeira vez de Londres, será presentado o xoves en París na despedida do seu emblemático director, Jean Marie Leblanc, pero sen campión homenaxeado porque o último Tour aínda non ten gañador oficial.

A Gran novidade do próximo Tour, será o lugar da saída que foi anunciado en febreiro pasado. A petición do seu alcalde, Ken Livingston, o centro de Londres acollerá o 7 de xullo de 2007 o prólogo do Tour.

Haberá outra etapa en Inglaterra, de Londres a Canterbury, antes de regresar ó continente para visitar Flandes, con chegada en Gante e saída ao día seguinte en Waregem. Pero a partir de aí reinan o misterio e os rumores en torno ó percorrido.
Hai rumores, sobre todo polo debate aberto no diario L'Equipe, de que o Tour podería deixar deserto o posto de campión da edición do 2006. Desta forma, nin Landis nin Pereiro serían o vencedor. Esperemos que non se cumpra, xa que Landis, de confirmarse a dopaxe, non merece o título. Oscar Pereiro, como 2º mellor da carreira so superado por un "dopado", tería que coller o título.
Tamén dicen que dous días antes de rematar o Tour, a organización xa coñecía o positivo de Landis e misteriosamente, o contrario de como se fai sempre, a organización non lle impediu a Landis seguir correndo, cousa que evitou que Pereiro puidera chegar de amarelo a París.

Etiquetas:

 
posted by Guille at 12:21 | Permalink |


1 Comments:


At 26 octubre, 2006 17:14, Blogger Guille

Parece ser que o Tour asegura que no deixará deserto carreira de 2006, haberá un gañador en canto remate o proceso antidopaxe.