26 octubre 2006
MOTOCICLISMO
O piloto español Dani Pedrosa (Honda) manifestou que o vindeiro domingo axudará ó seu compañeiro Nicky Hayden, a pelexar co italiano Valentino Rossi (Yamaha) polo campionato do mundo de MotoGP. Despois de todo o que lle caeu dende todas partes, máis lle vale que sexa así, senón, volverá "chover" de todo contra o rapaz.

Hai que lembrar para quen non o saiba, que o español tirou ó seu propio compañeiro no último gran premio disputado fai dúas semanas, na quinta volta da carreira de MotoGP, logo de declarar antes da proba que non axudaría a Hayden porque el, entón quinto na clasificación, tiña posibilidades de lograr o campionato. É de supoñer que non o fixo de mala fe, aínda que moitos o ataquen vilmente. Habería que ver si criticarían tanto a Rossi se tivera un erro igual.

En fin, que Rossi Líder e Hayden a 8 puntos.
En 250, o español dos Chupa Chups xa puido ser campión na última proba disputada, pero se ve que os nervios puideron con el, ou iso, ou tiña medo de "pifiala". Todo o contrario do español de 125, xa campión do mundo, polo que esta fin de semana ira de turismo e a presumir de título ante os demais.

Etiquetas:

 
posted by Guille at 20:54 | Permalink |


0 Comments: