O Barcelona xogará algo máis que tres puntos ante o Chelsea de Mourinho con boa parte do seu futuro na Liga de Campións en xogo nun partido que recibe con sede de vinganza. A derrota 1-0 en Stamford Bridge abriu dúbidas sobre o estado de forma do equipo e o seu referente, Ronaldinho, ademais cuestionouse a política de rotacións de Rijkaard. Eu creo, que incluso perdendo, o FC Barcelona non terá problemas para clasificarse, iso sí, non debería fallar os seguintes partidos.
O Camp Nou presentará un cheo espectacular para ver o partido máis esperado, quizáis o máis espectacular que se pode ver agora en Europa, da cuarta xornada da Liga de Campións. É incrible a cantidade de estupideces por minuto que pode soltar Mourinho, aínda que moitas veces di auténticas verdades. Gran adestrador, moito mellor sería se algunha que outra vez pechara a boca.
O Camp Nou presentará un cheo espectacular para ver o partido máis esperado, quizáis o máis espectacular que se pode ver agora en Europa, da cuarta xornada da Liga de Campións. É incrible a cantidade de estupideces por minuto que pode soltar Mourinho, aínda que moitas veces di auténticas verdades. Gran adestrador, moito mellor sería se algunha que outra vez pechara a boca.
Do Valencia, pois non sei que dicir, despois das dúbidas plantexadas nos partidos de Vigo e Santander, e coa lista interminable de lesionados que ten, podería non xogar como se espera deles, pero en fin, haberá que esperar, xa sabemos que a Liga de Campións anima a calquera.
Os que deben de estar incrédulos son os xogadores-modelos-estrelas-cracks-etc. ante a "lei Capello". Creo que agora xa non estarán tan convencidos de que poden facer o que queren sen que ninguén lles diga nada. Cassano revolveuse e insultou a Capello por non xogar (creo, aínda que non sei seguro o motivo), ¿resposta? Capello o aparta do clube e o Real Madrid vaino vender, non volverá vestir a camisola branca. Algo tamén fixo Ronaldo, aínda que este "só" tivo o castigo de quentar durante 45 minutos para non xogar no último partido disputado.
Cracks vs. Fabio Capello. Estreliñas contra un "sarxento de ferro".
Esta semana estréase o Celta en Europa e aínda non se sabe como xogará... ¿será o mesmo da Liga que non da arrincado? ¿Ou será o gran Celta do ano pasado? Menos mal que lle tocou o "grupo da morte" na UEFA. Os demais equipos castelanofalantes en UEFA comezaron ben, agora veremos que consiguen materializar ese bó comezo. A cita coa Copa da UEFA, o xoves.
Etiquetas: Fútbol

« back home