27 mayo 2007
Unha FARSA de Tour


Pasaron xa 10 anos daquelas imaxes que pasaron á historia do ciclismo. Era o home que tumbou o reinado de Indurain no ciclismo, o home que deixou a España noqueada cando deixou atrás o "noso" Miguel Indurain. Parecía incrible que tal cousa puidera suceder pero Miguel Indurain non estivo á altura esperada nel naquel Tour de Francia de 1996, o que moitos esperaban que fose o gañador por sexto ano consecutivo.

Tiñamos grabada na memoria esa espectacular etapa en Hautacam, así como o resto do Tour, por ver como alguén era capaz de acabar co home que reinou no ciclismo durante 5 anos. Agora sabemos que todo aquilo foi unha grande e inmensa MENTIRA. Bjarne Riis e o seu equipo saíron dopados con EPO ata as orellas. ¡Que grandes deportistas que son! Qué curioso, un dos principais implicados na operación Porto actual, Ivan Basso, estaba no equipo dirixido por Bjarne Riis. Pois menos mal que di que cambiou e agora xa non fai esas cousas... ¿algún de vos o cree?

Reitero o dito sobre que este Tour de 1996 foi unha grande e inmensa MENTIRA.
Aquí están os 6 primeros naquela edición:

1º- Riis recoñeceu correr dopado
2º- Jan Ullrich, a sospeita sobre el é evidente, e dase case por sabido que tamén andaba dopado
3º- Richard Virenque, un dos implicados no escándalo por dopaxe no caso Festina.
4º- Laurent Dufaux, compañeiro de Virenque e por tanto, outro dos implicados no escándalo por dopaxe no caso Festina.
5º- Peter Luttenberger, nunca culpable, pero si sinalado en varias ocasións.
6º- Luc Leblanc, tamén compañeiro de Virenque e Dufaux, sendo outro dos implicados no escándalo por dopaxe no caso Festina.

Está claro que non se pode botarlle toda a culpa da derrota de Indurain a que estes iban "alimentados" de máis, pois quedou bastante lonxe dos primeiros postos (11º), como el mesmo recoñece non estivo á altura. Agora ben, dos 11 primeiros postos daquel Tour, que se saiba, iban dopados 6 de 11, só 4 dos 10 que acabaron por riba del parecen estar "limpios".

Etiquetas:

 
posted by Guille at 11:46 | Permalink |


0 Comments: