O xulgado do mercantil número 3 de Madrid ditou sentenza no litixio que a Televisión de Galicia presentara contra "La Sexta" por non retrasnmitir o fútbol en galego. A sentenza, coñecida o pasado día 1 de febreiro, establece como medida cautelar que dita cadea debe ceder á canle autonómica o sinal dos partidos dos sábados para que poidan ser vistos en galego.A TVG presentara en setembro a demanda baseada na cuestión lingüística e na escasa cobertura analóxica da Sexta en Galicia. A canle privada ofrece no seu sinal dixital terrestre a posibilidade de ver os partidos en galego, euskera e catalán. Pero a escasa incidencia da TDT en Galicia é incompatible, segundo a decisión xudicial, coa lei de interese xeral que obriga a dar acontecementos deportivos relevantes no idioma de cada territorio.
As medidas cautelares, informa a TVG nun comunicado, establecen o dereito do ente autonómico a dispor do sinal da Sexta dos partidos que restan ata final de tempada. A TVG instou xa á canle privada a facilitar este sinal canto antes.
La Voz de Galicia.
Etiquetas: Fútbol

« back home