29 diciembre 2006
FELIZ ANO A TODOS
Remata un ano máis e coma sempre, en todos aqueles lugares con "tribuna" desde a que falar, aparecen máis e máis ranking co mellor do ano. Aquí poderiamos facer o mesmo, pero sinceramente agora non me apetece nadiña porme a investigar e recopilar información para tal cousa. Aínda que sí podería ter unas poucas verbas hacia esas cousas que veñen a mente como resaltables neste 2006.

En fútbol ven a cabeza o dominio do FC Barcelona na meirande parte deste ano que remata. Gañou con relativa facilidade a Liga e sorprendeu ó Mundo, conseguendo dunha vez por todas a desexada Copa de Europa (Champions). O comezo da tempada presente non está a ser tal e como quixeran os azulgranas, pero haberá que esperar e ver como seguen despois de perder o Título Mundial.

Outra das imaxes do ano foi Cannavaro e a súa selección, Campiona do Mundo no Mundial de Alemaña. Cannavaro nomeado Balón de Ouro, é criticado por uns e alabado por outros. Para min, o mundial que realizou este xogador é para enmarcar e por como lección ós novos nenos-defensas que empezan, foi realmente espectacular a maneira de xogar na cita mundialista. Do Mundial tamén nos quedará a imaxe revoltosa de Zidane repartindo viaxes e dun inocente e desaparecido Ronaldinho, que tivo unha lamentable actuación no lugar onde hai que demostrar o que vales.

Espectacular baloncesto neste ano. O número de rapaces que a partir de agora vanse dedicar a xogar o baloncesto debeu crecer neste país nun 1000%. Grandioso mundial de baloncesto xogado por España con Gasol liderando a un grupo de xogadores que xuntos demostraron que son capaces de facer calqueira cousa. Proclamaronse campións do mundo, algo increíble posto que USA tamén estaba no torneo e a quen non se enfrontaron, pero o feito feito está e xa haberá tempos que han de chegar nos que se enfronten os estadounidenses. Agora disfrutemos desta selección que engancha ata aqueles que non son de gustos baloncestísticos.

En Ciclismo temos a imaxe do contaxioso sorriso de Oscar Pereiro, que a pesar de ser un gran loitador non é dos grandes do ciclismo, e aínda así sorprendeunos a todos cando apareceu disputando o título do Tour de Francia. De momento, é o virtual vencedor a espera de que sancionen o dopado Floyd Landis. O mellor de todo isto, é que o ciclismo gañou o que é o seu mellor embaixador no ano da operación porto, Oscar Pereiro fai un grandísimo traballo e promoción para conseguir lavar a imaxe deste deporte, e faino mellor que ben, esperemos que teñamos Pereiro para rato e se ademáis volve gañar, mellor que mellor. De momento xa está mellorando, hoxe en día xa é mellor ciclista do que se proclamou 2º no último Tour.

Tamén gustaríame recordar o seu compañeiro, Alejandro Valverde, un ciclista cunha clase i elegancia impresionantes, dunha calidade insultante para moitos dos seus rivais. Rematou o ano proclamándose vencedor da UCI-ProTour, una competición ao estilo da ATP do Tenis. O ano que ven promete mellorar e disputar con garantías algunha das probas grandes do ciclismo (Giro, Tour e Volta).

Non sabría dicir moito, posto que non entendo moito do tema e ademais, que non se dixo xa de Fernando Alonso. ¿Haberá algún español máis famoso ca el? Supoño que rivalizará co "clan" Iglesias e o mundo do cine español que triunfa en Hollywood. Non debe ser doado gañar dous anos seguidos a Fórmula 1, e é algo que xa fixo, así que moitas felicidades para el e todos aqueles que tanto disfrutan vendoo correr. Respecto ó negocio montado cos seus triunfos hai unha curiosidade que fai gracia, ¿cantos rapaciños pedirían o coche ou a vestimenta de Alonso como regalos de reis? No momento que reciban o agasallo, Alonso estará correndo con outras cores, outro equipo, outro coche... que mala pata para os rapaces!!!

Tamén recordar os dous campións do mundo de motociclismo que son españois (en 125 e 250), parece que paixón polas motos que soe haber neste país ten os seus froitos. Agora so falta que eses triunfos cheguen na máxima categoría.

E que dicir de Federer, este foi o ano da demostración de como exercer un auténtico dominio insultante sobre os teus rivais. Nin sequera Nadal no seu mellor ano, demostrando que é un auténtico fora de xogo coa raqueta (vaia brazos que ten o rapás), foi quen de superar a Federer a suficientes veces como para chegar o número 1. Supoño que o ano entrante seguirá con máis do mesmo, Nadal facendo un tenis de altísima calidade e Federer, paseándose polas pistas de medio mundo sen rival que lle faia fronte.

E agora mesmo non se me ocurre nada máis que falar, se algún de vos ten ganas, que escriba canto lle apeteza, malo será que non o faga mellor ca min... Feliz Ano a todos.

Etiquetas: , , , ,

 
posted by Guille at 17:01 | Permalink |


0 Comments: