04 diciembre 2006
REMATA A LIGUILLA DA CHAMPIONS

O FC Barcelona afronta, este martes, a súa hora da verdade, o momento decisivo que pode marcar toda a tempada, porque tan só a vitoria ante o Werder Bremen evitaralle converterse no primeiro defensor do título que non pasa a fase de grupos da Liga de Campións e iso, sería algo realmente humillante, sobre todo cando o eternísimo rival, acusado de xogar moitísimo peor, pasará sen maiores problemas como é habitual... é incrible a facilidade do Real Madrid para xogar na Champions.

Despois de esta semana, xa coñeceremos os nomes dos 16 equipos que xogarán os Oitavos de Final, que será cando comece o verdadeiro encanto da histórica Copa de Europa coas roldas eliminatorias.

A sexta xornada da Liga de Campións chega sen que aínda teñan nome seis das dezaseis prazas da próxima rolda:

O Arsenal, subcampeón, nin o Manchester, que se vía clasificado fai dúas xornadas. No grupo A, co Chelsea clasificado, o Barcelona xógase a vida, nun encontro no que volverá Ronaldinho (por parte culé) e Klose (por parte alemán). No grupo B, a única incógnita é quen ocupará o primeiro posto, se o Bayern ou o Inter, algo que xa está decidido no grupo C, co Liverpool líder (como cambia este equipo da Premier á Champions) e o PSV Eindhoven segundo, mentres que no D, ao Valencia non lle resta máis que encomendarse á providencia para evitar máis lesións na súa visita ao Olímpico de Roma, equipo que si loita pola segunda praza.

O Real Madrid viaxa a Kiev de turismo (xa está clasificado) mentres que o líder do grupo E, o Olympique (sen dúbida o mellor equipo da Champions ata o momento), pecha a fase co único aliciente de manterse invicto, ante o Steaua. No grupo F, o Manchester deberá puntuar como sexa en Anfield ante o Benfica. Non será sinxelo, porque unha vitoria mete en oitavos ao equipo lisboeta. O gran beneficiado desta situación pode ser o Celtic, que cun empate en Copenhague, contra o conxunto máis débil do grupo, superará a fase de grupos. O grupo G presenta un partido que puidese estar baixo sospeita se non fora por confiar na honra de ambos, Oporto-Arsenal, un empate mete a ambos na seguinte rolda. Outro dos grandes que deambula en liga pero aquí pasará sen problemas é o Milan.

Etiquetas:

 
posted by Guille at 03:21 | Permalink |


0 Comments: