A Copa Davis é a competición internacional de tenis por seleccións máis importante do Mundo. Só participan homes xa que as damas xogan a Fed Cup.
Máis ou menos consiste no seguinte:
Cada rolda consiste en cinco partidos, proclamándose vencedor aquel que obteña tres vitorias. Os primeiros dous encontros son de individuais, o terceiro é de dobres e os últimos dous partidos os individuais xogarán novamente pero en orde inverso. Non hai restricción a quen debe xogar o partido de dobres: os dous xogadores de individuais, dous outros xogadores ou unha combinación.
O torneo foi creado en 1899 por catro membros do equipo de tenis da Universidade de Harvard quen desafiaron aos británicos a un campionato. Unha vez recibida a idea, pediron un préstamo desde a súa respectiva federación de tenis, un dos xogadores de Harvard, Dwight Filley Davis, deseñou un formato de campionato e gastou o diñeiro do seu propio peto para comprar unha copa de prata (coñecida popularmente como a ensaladeira pola súa peculiar forma).
O primeiro partido xogárono entre Estados Unidos e Gran Bretaña en 1900. O seguinte ano, ningún dos dous países competiu, pero Estados Unidos gañou o seguinte partido en 1902. En 1905, o torneo expandiuse incluíndo a Bélxica, Austria, Francia e Australasia, un equipo combinado de Australia e Nova Zelanda, que competiron xuntas ata 1913.
Desde 1950 a 1967, Australia dominou a competencia, gañando a Copa 15 veces en 18 anos. Para variar, o país hexemónico é Estados Unidos, que gañou o campionato 31 veces.
Variando o número duns anos a outros, chegaron a participar na Copa Davis uns 200 países. Actualmente hai 137 seleccións participantes na Copa Davis. Evidentemente, ante tal número de participantes, requírese unha certa organización.
A Copa Davis divídese en tres zonas xeográficas: Zona Americana, Zona Europea-Africana e Zona Asiática-Oceánica, e a vez, estas tres divídense en outros tres grupos cada unha, onde unha seleccion ascende ou descende entre os grupos da mesma zona. Desde as zonas xeográficas ascéndese o Grupo Mundial, onde se atopan as 16 seleccións que loitarán pola Copa Davis. A competición dura un ano, uns (en función dos resultados que vaia tendo) loitarán por non descender e outros loitarán polo título. A modo de exemplo para que o entendades, é como a Liga española de fútbol e as diferentes divisións, só que na Davis xógase con formato eliminatoria (como xa dixen, cada eliminatoria consta de 5 partidos), non liga.
No ano 2006 xogaron:
Alemaña, Arxentina, Australia, Austria, Bielorrusia, Chile, Croacia, Eslovaquia, España, Estados Unidos, Francia, Países Baixos, Romanía, Rusia, Suecia e Suiza.
No 2007 xogarán Bélxica e a Rep.Checa (ascenden) no lugar de Eslovaquia e Países Baixos (descenden). Os demais permanecen.
O actual campión é Croacia, que alcanzou por primeira vez a Copa tras derrotar nunha inédita final realizada en Bratislava, ante o equipo de Eslovaquia, pero non pode defender o título posto que foi eliminada este ano.
Nesta fin de semana na que estamos, do 1 ó 3 de Decembro, os equipos da Arxentina e Rusia enfrontaranse en Moscú para definir ao campión da Copa Davis 2006.
Etiquetas: Tenis

« back home