09 noviembre 2006
PROFANACIÓN DO SANTUARIO DEPORTIVO GALEGO
Preto dunha veintena de mozos deportistas (18 segundo algunhas fontes) internos do Centro de Tecnificación de Pontevedra foron expedientados e castigados por participar nun botellón no interior do propio recinto da Xunta de Galicia no que varios dos mozos se emborracharon. De feito, foron descubertos ao día seguinte cando pretenderon adestrar con evidentes síntomas de estar baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Hai que recordar que neste centro, son menores de idade (15-17 anos).

Os responsables do centro están investigando desde cando se organizan este tipo de reunións no interior do que moitos consideran un santuario do deporte galego. De feito, trabállase coa hipótese de que a festa descuberta non era a primeira que se celebraba. Igualmente, para evitar que volvan repetirse semellantes comportamentos estase estudando xa aumentar a vixilancia interna. Aínda que non sei se servirá ou non, posto que un dos que tiñan que vixiar estaba tamén na festa.

A investigación non só se dirixiu cara ás reunións etílicas dentro do recinto. Ademais, tamén foron obxecto de análises determinadas saídas a locais de alterne, que aínda que se fixeron no tempo libre dos deportistas, contraveñen as normas de bo comportamento que deberían de cumprir. De feito, acháronse unhas invitacións para asistir a un pub pontevedrés que daban dereito a consumir alcohol.

Entre os castigados atopábanse practicantes de diferentes deportes, como piragüismo, remo, triatlón e outros. Tampoco hai que alarmarse tanto, se sempre se fixeron festas e saíron campións mundiais (David Cal, Javi Gómez Noya,...) malo tampouco será, jejejje..
As Federacións deportivas tomarán severas medidas para que isto non volva ocorrer.
Fonte: La Voz de Galicia

Etiquetas:

 
posted by Guille at 06:13 | Permalink |


0 Comments: