19 noviembre 2006
A RIANXEIRA EN XOGO

VIGO
Vigo é a cidade máis grande de Galicia, e a cidade sen rango de capital máis grande de España. Forma parte da Provincia de Pontevedra, cidade costeira das fermosas Rías Baixas.

Ten 293.725 hab. (1-1-2005) e a poboación da súa área metropolitana estímase en torno aos 423.821 habitantes, ocupando o posto 15º no ranking das áreas urbanas de España. A súa extensión é de 109,1 km².

A comarca viguesa caracterízase pola preponderancia dunha economía diversificada vinculada á industria e aos servizos, e é considerada como a maior área industrial de Galicia. Así mesmo, Vigo é o primeiro porto comercializador de peixe para consumo humano do mundo. O obxectivo no futuro e convertir a Vigo no centro europeo da pesca.

Real Club Celta de Vigo:

18.000 abonados cun Estadio de Balaídos, con capacidade de 31.800 espectadores.
Na actual tempada, acoden unha media 13.000 espectadores por partido.
60 peñas repartidas polo mundo.

Tempadas en 1ª: 45
Tempadas en 2ª: 25
Tempadas en 2ªB: 1
Tempadas en 3ª: 1
Mellor posto na liga: 4º (Primeira división española tempadas: 47/48 e 02/03)
Peor posto na liga: 19º (Primeira división española tempadas: 89/90 e 03/04)

Pichichis:

1947-1948 - Pahiño (23)

Zamoras:

1992-1993 - Santiago Cañizares (30 Goles/36 Partidos - Coeficiente 0.83)
2002-2003 - Pablo Oscar Cavallero (27 Goles/34 Partidos - Coeficiente 0.79)
2005-2006 - José Manuel Pinto (28 Goles/36 Partidos - Coeficiente 0.78)

Palmarés:
Non conta con títulos nacionais.

Tres veces subcampión da Copa do Rei (1948, 1994 e 2001).

Campión da Copa Intertoto en 2000.

7 participacións na Copa da UEFA.

1 participación na Liga de Campións na que chegou a oitavos de final.


A CORUÑA
É sé do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Delegación do Goberno nesta comunidade e a Real Academia Galega. Así mesmo acolle a Capitanía Xeral Noroeste e é sé do Mando Logístico Operativo do Exército de Terra.

O municipio ocupa unha superficie de 36,8 km² e alcanza os 243.349 habitantes (2005), (396.015 no seu aglomeración metropolitana) cunha densidade de poboación extraordinariamente elevada (6.600 Hab/km².).

Segundo o informe Ardán, elaborado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, A Coruña é actualmente a comarca máis rica de Galicia. A Coruña dispón dun PIB empresarial de 2.924 millóns de euros, representando o 30,8% do total de Galicia.

A Coruña é unha cidade sensibilizada coa cultura como mostra o que lidere o consumo de libros e prensa en Galicia.

Datos do Real Club Deportivo:

25.000 abonados cun Estadio de Riazor, con capacidade de 34.600 espectadores.
Na actual tempada, acoden unha media 23.000 espectadores por partido.
200 peñas repartidas polo mundo.

Tempadas en 1ª: 37
Tempadas en 2ª: 37
Tempadas en 2ª B: 1
Tempadas en 3ª: 1
Mellor posto na liga: 1º (tempada 1999-2000)
Peor posto na liga: 17º (tempadas: 1972-73 e 1991-92)

Pichichis:

Bebeto: 29 (1992-93)
Diego Tristán: 21 (2001-02)
Roy Makaay: 29 (2002-03)

Zamoras:

Juan Acuña: 1941-42, 1942-43, 1949-50 e 1950-51
Juan Ignacio Otero: 1954-55
Francisco Liaño: 1992-93 e 1993-94
Jacques Songo'o: 1996-97

Bota de Ouro:

Roy Makaay: 2003 (29 goles)

Palmarés:

Liga de España (1): 1999-2000
Copa do Rei (2): 1994-95, 2001-02
Supercopa de España (3): 1995, 2000 e 2002

Subcampión da Liga de España (5): 1949-50, 1993-94, 1994-95, 2000-01, 2001-02

5 participacións consecutivas na Liga de Campións
Mellor clasificación en Liga de Campións: Semifinal (tempada 2003/04)

1 participación na Recopa
Mellor clasificación na Recopa de Europa: Semifinal (tempada 1995/96)

6 participacións na Copa da UEFA
Mellor clasificación en Copa da UEFA: Oitavos de final (tres ocasións)

---

Parece mentira que o daquela presidente Caneda do desaparecido Compostela se molestase por unhas palabras saídas dende A Coruña, palabras que dicían que o derbi galego por excelencia era un Depor-Celta.. pero ¿de verdade alguén pensa que non é certo?

O igual que ocorre con España e a eterna pregunta.. ¿eres do Madrid ou do Barca? Aquí en Galicia, engádese outra.. ¿celta ou depor? Difícil vai ser atopar a alguén que se decante polos dous, sempre terá algunha preferencia.

O ex-presidente Fraga púxose unha vez a camisola do dépor e media galicia saltou contra o "rapaz" pola ousadía de fotografiarse coa camiseta do eterno rival. O outrora ministro do interior, Rajoy, dixo que o Celta era o equipo de Galicia por excelencia, a partir de entón pasou a ser persoa "non grata" na Coruña, incluso entre os seus propios votantes a pesar de intentar arranxalo asistindo os partidos de Riazor e poñendose a camiseta branquiazul, da mesma forma que fixera o seu ídolo Fraga.

É un partido distinto, entrañable, esperado e desexado por todos, dun e doutro bando. Durante toda a tempada, a afección sempre vixía os resultados do rival, un dos obxectivos da tempada para a afección e quedar nun posto superior ó rival e por supusto, vencer no "derbi", e se pode ser na casa do rival, mellor que mellor.

Que festa, aínda se recorda na Coruña o 0-5 que lle meteu o Depor o Celta en Balaídos fai uns poucos anos, así mesmo, aínda lembran con ledicia os siareiros celtiñas o 0-3 conseguido en Riazor non fai moito.

Xa fai días que comezaron as hostilidades dialécticas entre cidades, clubes, xogadores... chega o día, domingo 19 as 21h en Riazor, 1º asalto da tempada.

Etiquetas:

 
posted by Guille at 01:49 | Permalink |


0 Comments: