15 noviembre 2006
O FC BARCELONA VISITA RIAZOR
Recordando vellos tempos non moi lonxanos, volve o clásico dos clásicos ó Palacio dos deportes de Riazor (hoxe mércores, 20.45 horas), e faino para enfrontar a dous dos equipos máis en forma da competición. O Liceo Vodafone, pese ó varapalo do 8-4 do sábado en Tenerife, é terceiro na clasificación, empatado co segundo, e dando boas sensacións no arranque da tempada. Un posto máis arriba, no primeiro lugar, aparece o Barcelona, o mesmo Barcelona de sempre que comanda a clasificación con seis puntos de vantaxe sobre os verdiblancos.

Chega o conxunto catalán invicto na competición. Só cedeu un empate nas 11 xornadas disputadas e conta coa mellor tripleta goleadora da Liga: David Páez, Alberto Borregán e o ex liceísta Carlos López. Páez é o pichichi con 16 dianas, e Borregán e Carlos López son sétimo e oitavo, respectivamente, con 10 tantos cada un. Parece que non pasan os anos por eles, as tempadas pasan, pero os xogadores do Barcelona permanecen inalterables.

Espérase unha gran ambiente. Os Riazor Blues confirmaron a súa asistencia ao encontro e as invitacións que se están a regalar pola cidade (LA OPINIÓN, DEPOR-SPORT, PLAYA CLUB) esgotáronse as primeiras de cambio. O club liceísta xa puxo a disposición outra remesa para que os afeccionados podan asistir o encontro. Os socios do Deportivo poderán acceder gratuitamente ó recinto amosando o abono.

Etiquetas:

 
posted by Guille at 09:19 | Permalink |


0 Comments: