A gran expectativa que esperta o encontro entre a Selección Galega i Ecuador, así como o simbólico prezo das localidades, aseguran unha notable afluenza de afeccionados ó estadio de Riazor.
Así tamén, dende as cidades máis importantes de Galicia sairán autobuses para que o público interesado poida gozar dun auténtico día festivo na Coruña, que incluirá un concerto final no Palacio dos Deportes de Riazor.
No escenario tamén se espera unha gran presenza de ecuatorianos, tal coma ocorreu no compromiso amistoso contra a selección española e que darán colorido a un duelo de talla internacional tal e como o senten uns e outros.
O amigable terá lugar o xoves 28 de Nadal, ás 21:00h locais na Coruña entre a selección galega e Ecuador. A Xunta desexa reunir unha representación da maior parte dos equipos e cumprir así co seu gran obxectivo: encher o estadio de Riazor. O combinado autonómico volverá citar aos mellores futbolistas galegos, pois o encontro servirá de homenaxe ao centenario do do R.C. Deportivo A Coruña.
A entrada máis barata custará oito euros e a máis cara será de 15 euros. Polo que parece, Ecuador trae o seu equipo titular.

La Voz de Galicia, El Comercio
Etiquetas: Fútbol

« back home