Estaba todo previsto e calculado, incluso que o breve inverno mediterráneo que adoita atacar a Valencia coincidise coa presentación de Fernando Alonso e o seu monoplaza. Por iso, distribuironse mil mantas con sello exclusivo (Vodafone McLaren-Mercedes no reverso en prata e vermello) na tribuna de invitados. Ningún detalle quedou ao azar na festa montada polos británicos polo influxo do bicampeón de F-1.Dixo Alonso no seu «tour» polas mesas do restaurante: «É o ano da revolución neste equipo». O inverno pasado, por exemplo, a escudería descubriu o seu MP4/21 cunha protocolaria baixada de telón nas instalacións de Woking. E así sucesivamente cara atrás, xa que hai que remontarse ata 1996, cando actuaron as Spice Girls no Royal Albert Hall de Londres, para ver algo semellante.
As mantas para os pés estaban personalizadas, tamén as servilletas en cada mesa, as bandexas do cóctel e ata os vasos do zume de tomate. Ron Dennis trasladou a súa casa ao emporio das Artes e as Ciencias en Valencia e ocupouse personalmente dos seus mil invitados. Por iso, traballou sen descanso, «walkie-talkie» en man, antes da presentación. Por iso, expulsou el mesmo a alguén que sacou unha cámara para gravar a alocución de Alonso no estrado. E talvez por experiencia no protocolo cedeu a mesa presidencial do acto a Fernando Alonso e os patrocinadores do equipo.
Na festa falouse das posibilidades de Valencia de albergar un Gran Premio a partir de 2009 nun circuíto urbano (o asunto avanza), do futuro dos dereitos televisivos da F-1 en España (acaban en 2009), da visión nublada dun sucesor para Fernando Alonso nas categorías inferiores e do Mercedes que se levou un xermánico por un sorteo con chamada de teléfono de parte de Fernando Alonso.
Etiquetas: Motor

« back home