13 mayo 2007
90ª Edición: Giro de Italia
Por fin, volven as grandes carreiras. O Giro de Italia abreu este sábado a súa 90ª edición. E será coma sempre, unha carreira dura, espectacular onde terán lugar, como tantas veces na historia, algúns dos mellores momentos do ciclismo mundial. Pero iso sí, ¿atreverase alguén saír nalgún dos podios desta carreira? Nestes tempos convulsos de loita antidopaxe, ninguén está fora de sospeita, a pesar de que o principal problema da dopaxe no ciclismo non son os ciclistas, senós os seus xefes que son habitualmente os que buscan a forma de subir "un puntiño" máis o seu rendemento.

Empeza unha carreira dura que a pesar de non ter a lenda das grandes etapas do Tour, é única en espectacularidade nos seus portos de montaña, sobre todo os que se atopan nos lexendarios dolomitas (Mortirolo, Marmolada, etc), os mesmos que privaron a Indurain do seu 3º Giro e a Olano de rematar como campión. Pero comezamos mal, os dous primeiros clasificados do 89º Giro de Italia, Ivan Basso e José Enrique Gutiérrez, non estaban na illa de Cerdeña, onde arrincou a 'corsa rosa' pola operación "porto" da Guardia Civil.

O italiano recoñeceu ser cliente do médico español Eufemiano Fuentes, a quen pagou 35.000 euros para que conxelase varios litros do seu sangue; o segundo está supostamente implicado na 'OP', pois o seu alcume, 'Búfalo', apareceu en papeis e en conversacións de Fuentes.

Do podium do ano pasado só queda un. O veterano Gilberto Simoni (Saunier Duval), que estará acompañado pola emerxente figura do Riccardo Riccò e o "ilustre" español Iban Mayo. Iban Mayo sempre defrauda cando moitos esperan grandes cousas del, ¿será desta vez cando faga algo?

Dous dos outros candidatos favoritos xa saben o que é gañar o Giro. Un dos meus ciclistas favoritos polos güevos que lle pon nas baixadas, o 'Halcón' Paolo Savoldelli, dous veces campión, preséntase co seu novo equipo suizo-kazajo disposto a dar a batalla na montaña, pero tamén intentará manter o tipo nas contrarreloxos. Cando chegue a montaña, esperemos e recemos para poder ver algunha escapada deste home, porque as baixadas que fai este tipo son realmente espectaculares, é desa xente que non debe ter moito aprecio pola súa vida tal e como arrisca en cada curva. Os motoristas da tele teñen dificultades para ir detrás del.

Damiano Cunego arrasou no Giro do 2004 con 22 anos e dende entón nada de nada. Últimamente gañou unha carreira e veremos que fai neste Giro. Entre os grandes aspirantes aparece tamén Danilo Di Luca e Yaroslav Popovych.

Etiquetas:

 
posted by Guille at 13:31 | Permalink |


0 Comments: