Parece que gustou este partido, gañou Nadal e xa comezaron a oirse as voces proclamándoo o mellor tenista do mundo. O que é a euforia e o interese, hai que lembrar que Federer segue de número 1 do mundo a bastante distancia do español. O que sí é certo, é que tanto un coma outro disfrutaron do partido e mostráronse dispostos a repetir.
Tamén lle gustou o partido á ATP que xa comezou a pensar en sacarlle partido a esta iniciativa, ¿como? Pois enfrontando o gañador de Wimblendon co gañador de Roland Garros para buscar unha especie de campión mundial. Haberá que esperar en que queda todo isto, inusual i extraña si era a pista na que xogaron o outro día, non estaría mal que repetiran.
Etiquetas: Tenis

« back home