26 marzo 2007
Mala sorte para Isidro
O máis grave, a fractura-luxación-estallido da sexta e sétima vértebras e unha lesión aguda na médula, tamén, o piloto da Seu d'Urgell padece un traumatismo torácico con contusión pulmonar, un neumotorax dereito e fracturas costais.

Os doutores temen que o piloto catalán Isidre Esteve, que o sábado sufriu unha grave caída na primeira proba do Campionato de España de Raids, que se disputou na Baixa Almanzora, en Almería, puidese quedarse parapléxico (parálisis de cintura para abaixo) por mor dunha fractura na columna vertebral que lle afectou á medula.

Oín falar hoxe a un dos doutores e dicía que si se operaba podería recuperarse pero tamén podería quedar parapléxico (non é unha operación segura) e se non se operaba poder quedar parapléxico. A maior porcentaxe de probabilidades inclínanse hacia quedar parapléxico. Moi mala sorte tivo este deportista, boa sorte a de seguir con vida, pero moi mala porque lle afectou o golpe na médula e romper dúas vértebras nestes días ten difícil arranxo.

A esperanza é o último que se perde e quen sabe, pode que lle vaia ben e recupere o camiñar. Sorte e ánimo.

Etiquetas:

 
posted by Guille at 16:51 | Permalink |


0 Comments: