27 febrero 2007
Guus foi condenado
O adestrador holandés de fútbol Guus Hiddink foi condenado hoxe a seis meses de cárcere en liberdade provisional e a unha multa de 45.000 euros (58.500 dólares) por fraude fiscal. Segundo a sentenza, Hiddink eludiu o pago de impostos entre 2002 e 2003 por un montante de 1,3 millóns de euros (1,7 millóns de dólares). Naquel momento adestraba ao PSV Eindhoven, campión de Holanda, pero tiña a súa residencia en Bélxica para beneficiarse dos impostos, máis baixos no país veciño, segundo a sentenza.

O fiscal solicitara dez meses de cárcere sen liberdade provisional. Con todo, o tribunal dispuxo unha pena máis leve, porque Hiddink tiña a intención de residir en Bélxica e ademais pagou alí impostos. Así mesmo, hai que ter en conta que Hiddink debido a esta cuestión viuse sometido á difamación pública, apunta a sentenza apuntada por DPA.

É incrible pensar como os que máis cobran soen ser sempre os que máis intentan roubar ás arcas públicas. Seguro que unha persoa con poucos recursos sairíalle moito máis caro ousar roubarlle ó Estado, pero cando o fai alguén importante curiosamente as condenas son moi leves... ¿coincidencia? ¿casualidade?

E falando só de deporte, non é mal adestrador, polo menos foi quen de levar a países pobres en fútbol ó Mundial, algo insólito para a maior parte dos países do planeta. Agora intenta reflotar a outrora forte selección rusa.

Etiquetas:

 
posted by Guille at 15:45 | Permalink |


0 Comments: